Quintá de Cancelada, 14 - 27660
Becerreá - Lugo (España)
contacto@asociacioncastanoynogal.com
Presentación del libro "Amor por Catro", de Helena Villar Janeiro
Texto de Helena Villar Janeiro
Hoxe foi un día agridoce. Pola mañá tiven unha caída con moita sorte, pero que me fixo dano na boca. Varias puntadas no labio por dentro e mesmo unha por fóra e outros sinais de escaritamento marcaron o día. Quero agradecer a xenerosidade de tanta xente que me acudiu e tomou por min decisións, pois ía soa, e o cariño inmenso e coidados da miña familia cando puido chegar.
Pola tarde, puidemos presentar o libro "Amor por catro" diante dun público entregado que me trouxo moitas emocións vidas de lonxe en xeografía e tempo. Grazas e benzóns para toda esta boa xente.
Déixovos xa a fotografía do libro que inda non tivera na man e agora convídovos a lelo. Ten o mellor que lle souben dar.