O CENTRO FONTEBOA DE CORISTANCO DISTINGUIDO CO PREMIO ARESA 2022, DOTADO DE 10.000 EUROS

Os membros do xurado, integrado polo reitor da USC, Antonio López; a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel; María Cruz Díaz, presidenta da Asociación Nacional de Enxeñeiros Agrónomos; Carme Pampín, CEO de GalChimia, e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, reuníronse esta mañá para avaliar as trece candidaturas presentadas e deron a coñecer o nome do galardoado nunha conferencia de prensa celebrada no vicerreitorado do Campus lucense.

O reitor da USC, Antonio López, valorou a diversidade das candidaturas porque, segundo dixo, “contamos con moita variedade nos proxectos, desde formativos ata de investigación, gandeiros ou agrícolas…Todas elas, iso si, con moito valor” e anunciou que “tras estudar a fondo todas elas, acordamos por unanimidade que a vencedora desta vixésimo segunda edición do Premio Aresa fose a presentada polo Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa, de Coristanco”.

Lopez Díaz engadiu que “xa fora finalista en anteriores edicións do Premio e queremos destacar así, nesta ocasión, a importancia que a formación de profesionais ten para o desenvolvemento presente e futuro do sector primario, dos sectores agrícola e gandeiro de Galicia”.

“Para estar á altura dos retos que se veñen, é necesario contar con profesionais formados e cualificados e a EFA Fonteboa ten unha longa traxectoria na formación do ámbito rural”, engadiu.

A Asociación Castiñeiro e Nogueira felicita o Centro EFA – FONTEBOA, director, profesores e alumnos polo recoñecemento do Xurado do Premio ARESA, pola labor que fai no ámbito do ensino rural, polo seu compromiso coa terra, coas familias ruráis, as persoas en xeral e coa formación de xóvenes en alternancia, así como co medio ambiente.

Se da a casualidade de que o próximo luns, 7 de febrero, o presidente de Castiñeiro e Nogueira ofrecerá unha conferencia - coloquio pública en Coristanco, baixo o título “Nacer, Formarse e Traballar no Rural”. O valor do tempo é compromiso social, organizada polo Centro Fonteboa. Contará coa presencia do alcalde, director do centro, profesores, alumnos, alumnas, veciños, empresarios e membros de varias asociacions ruráis de Bergantiños.

Link a web da EFA premiada Federación EFA Galicia - EFA Fonteboa

CANDIDATURAS PRESENTADAS

Ademais da EFA Fonteboa, este é o listado de candidaturas presentadas a esta edición do Premio Aresa: Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga); Cooperativa Tres Fuciños; Muuhlloa; Timbersoul; Traloagro; Amarelante; DOP O Cebreiro; Estratexia de loita ecolóxica fronte á praga da rata topo; Carabuñas; Gandería María Dolores Vázquez Carballés; Belacolmea, e Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso.

www.premioaresa.com

Facebook/Premio.Aresa

@PremioAresa