O CENTRO EFA-FONTEBOA DE CORISTANCO: UN REFERENTE DA FORMACIÓN RURAL

O CENTRO EFA-FONTEBOA DE CORISTANCO: UN REFERENTE DA FORMACIÓN RURAL

A formación integral dos alumnos, a responsabilidade educativa da familia, a metodoloxía da Alternancia e o desenvolvemento rural son pilares básicos.

O pasado sábado, celebrouse no Centro de Promoción Rural EFA – FONTEBOA de Coristanco a clausura solemne do curso 2018 – 2019, no que o seu director, Luis García Fernández, presentou a Memoria do curso que termina, intervención da que resaltamos o párrafos que seguen.

Fonteboa conta hoxe cun Proxecto Educativo totalmente definido: Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional: GM de PA e GS de GASA e PMR, ademais da ESA.

Polos diferentes niveis e programas de formación, Fonteboa ofrece a dia de hoxe un proxecto educativo diferente, distinto dos convencionais, orientado ao desenvolvemento rural, a través da formación.

Neste curso o número de alumnos matriculados nas ensinanzas de ESO e Formación Profesional foi de 170; a estes habería que engadir os 25 alumnos da ESA, que desde este curso se imparte na modalidade semipresencial (veñen un día por semana e seguen as formacións on line e titorías opcionais).

Fonteboa é hoxe un modelo educativo de éxito, fundamentalmente pola singularidade do seu proxecto educativo que integra ás familias e os profesionais do entorno na dinámica educativa, cun equipo docente cohesionado e comprometido, pois ao igual que no deporte de equipo ningún xogador é tan bo como todos xuntos.

En Educación Secundaria Obrigatoria tódalas accións educativas van encamiñadas a acadar o éxito escolar, isto é acadar o título correspondente e orientar adecuadamente para continuar estudos despois da ESO.

En Formación Profesional o obxectivo é a inserción profesional: na propia empresa, ou estar en condicións de acceder ao mundo laboral como persoal cualificado preferentemente no medio rural; pois hai unhas datas falouse moito da España vaciada, vaciada de persoas, pero antes foi vaciada de contido. Estes mozos que rematan a súa formación teñen o reto aportar o seu saber facer para a sostenibilidade das zonas rurais.

A Alternancia Educativa é a metodoloxía específica que se segue nos programas de Formación Profesional, que despois de mais de 80 anos (desde 1935) de aplicación nas MFR de Francia e nas EFA en España, ten demostrado a súa eficiencia educativa.

Neste curso dentro do Programa Erasmus + tamén se estableceron acordos con  19 explotacións agrarias da rexión de Bourgogne – Franche Comté (departamentos de L’Yonne) e 11 de Irlanda que acolleron a alumnos durante periodos de tres e oito semanas respectivamente.

Hai que engadir tamén 75 explotacións agrarias (algunhas da familias actuais) que acolleron a alumnos franceses (rexións de Bourgogne, Aquitania, de Pays de la Loire e Bretaña) que realizaron estadías de varias semanas.

Neste curso houbo varios recoñecementos. Destacamos dous:

  1. A concesión da carta Vet (100 centros de España acreditados  con este distintivo que recoñece a calidade na organización das actividades de movbilidade dos estudantes). É un certificado expedido por el SEPIE (Servicio Español para la Internacionalización de la Educación).
  2. O premio provincial de Voz Natura (certame convocado pola Voz de Galicia no que cada ano se selecciona arredor de medio millar de centros) como recoñecemento á traxectoria de organización de actividades para conectar aos alumnos da ESO co entorno rural.

E por último unha breve reseña ao desenvolvemento rural. A razón de ser dos Centros de Promoción Rural – EFA é a promoción do medio rural a través de formación das persoas. Consideramos que os centros de formación deben estar ao servizo do desenvolvemento territorial e as persoas egresadas dos programas de formación, ademais de procurar o propio emprego deben ser dinamizadoras do propio territorio. Como dicía l’abbe Granerau, promotor das MFR en Francia en 1935 “Mirad estas casas vacías, medio en ruinas... A vosotros, los jóvenes, os corresponde devolver la vida a los pueblos. A vosotros, pero no solos, sino con los otros”, esta mensaxe segue viva nos principios e fins das EFA en xeral e de Fonteboa en particular.