Quintá de Cancelada, 14 - 27660
Becerreá - Lugo (España)
contacto@asociacioncastanoynogal.com
A escritora HELENA VILLAR JANEIRO presenta hoxe, no día mundial da poesía, na Coruña, o novo libro, “POESÍA MÍNIMA”
Trátase dun poemario en forma de libro de haikus, con fotografías da súa autoría.
Helena Villar Janeiro náceu en Becerreá o 28 de setembro de 1940. É licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense e membro fundador do PEN Club de Galicia.
Foi mestra da escola unitaria de Quinta de Cancelada entre 1962 e 1968. Logo, tras licenciarse en Filosofía en Letras, Sección Pedagoxía, exercéu como profesora de ensino primario e secundario, acabando a súa carreira profesional en Santiago de Compostela.
Como escritora cultiva varios xéneros, especialmente a poesía e a narración, pero dedicando unha atención moi particular á literatura infantil e xuvenil.
Dende 2005 ata 2012 foi presidenta da Fundación Rosalía de Castro e tamén, nese mesmo período, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega
A Asociación Castiñeiro e Nogueira ten distinguido a esta mestra, escritora, poeta, muller comprometido co rural, o medio natural e a lingoa galega, como membro de Honra da asociación e convida a todas e todos os amigos desta páxina a asistir ao acto de presentación do novo libro de Helena Villar, na sede da Agrupación Alexandre Bóveda, RÚA OLMOS, 16 -1º, DE A CORUÑA. C.P. 15003, as 20 horas.
Blog de Helena Villar: https://www.facebook.com/tirardofio/