A Galipedia está a organizar un concurso fotográfico para conseguir fotos de parroquias de Lugo e Ourense. O obxectivo deste concurso é conseguir imaxes libres para ilustrar os artigos de parroquias de Galicia que non teñen foto, no momento de comezar este concurso hai preto de 700 artigos de parroquias sen imaxe, todas elas nas provincias de Lugo e Ourense.
Con esta actividade, ademais de dar a coñecer a Galipedia, a enciclopedia libre en galego, tamén queren aumentar a súa calidade e, ó mesmo tempo, dar a coñecer un pouco máis os lugares máis escondidos de Galicia.
O concurso está agora en fase de difusión, logo, de agosto a outubro sería a fase de participación, e en novembro sería a escolla dos gañadores.
Máis información: Wikipedia