O pasado xoves dous de maio os alumnos de último curso de Enxeñería de Montes de Lugo realizaron a presentación do seu traballo e propostas para a xestión integrada da zona de Cancelada. Á presentación acudiron o concelleiro de Cultura do Concello de Becerreá, varios veciños da zona e membros da directiva da Asociación Castaño e Nogueira. O acto celebrouse na sede da asociación en Quintá de Cancelada, con participación e coloquio de todas as persoas asistentes, e está encadrado dentro do convenio de colaboración asinado por esta asociación e a Universidade de Santiago.
Los comentarios están cerrados. |
|