En Rede. Movendo ideas para facer é un proxecto participativo que xorde do interese de Cruz Vermella Lugo, de orientar que tipo de actividades e actuacións pode apoiar e levar a cabo na comarca de Ancares, a través da identificación de prioridades de atención, dende o contacto con Institucións (Deputación, GDR, Universidade e Reserva de Biosfera), concellos, asociacións, iniciativas e persoas que traballan e residen no territorio; o enfoque, neste sentido, é traballar dende a coordinación con este tecido de axentes.
Para levar a cabo este proxecto estanse a desenvolver obradoiros participativos có fin de identificar as necesidades sociais na zona e debatir propostas de mellora no territorio.