Xornada sobre avances na información xeográfica no ámbito autonómico e municipal
Publicado por: acn en GeneralO vindeiro 17 de marzo a partires das 10.00 da mañá, no auditorio da sede de Afundación na Coruña, celebrarase a Xornada sobre avances na información xeográfica no ámbito autonómico e municipal.
A xornada está organizada polo Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e nela ofrecerase unha visión das tecnoloxías para xestion da información xeográfica, presentarase a nova base cartográfica galega (BTG10) e exportanse os detalles do novo Regulamento de ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia.
Trátase dun acto orientado á Administración Local, pero aberto a toda a cidadanía en xeral, e moi especialmente a todas aquelas persoas que traballan en temas relacionados coa cartografía e os sistemas de información xeográfica, tanto no eido público como privado.
Dado que o aforo é limitado, prégase a todas as persoas interesadas que confirmen a súa asistencia mediante un correo electrónico remitido a secretaria.iet@xunta.gal ou nos teléfonos 981 541 755/ 541 756.
http://mapas.xunta.gal/actualidade?content=actualidade0049.html