invitacion-helena

Oxe pola tarde, día nove de abril, ás 19:30h. terá lugar no Salón de Actos do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) a primeira presentación de “Remontar o río”, un libro escrito por Helena Villar Janeiro, membro de honra de CyN, e ilustrado pola artista Luz Darriba.
Remontar o río é un poemario naonato, pois a motivación e os primeiros apuntes xorden abordo mentres a autora subía o Danubio desde Budapest a Linz. O feito de que o barco fose contra a corrente suscítalle a idea de remontar o propio río do tempo, volver deste o seu outono á primavera onde a estarán agardando o vals e a rosa. Nos poemas veranse reflectidos elementos da paisaxe evocada: os soutos, os prados, a chuvia, a area das ribeiras… Segundo me comenta a súa autora, parte deste río remontado é o noso Donsal, pois viviu en Quintá de Cancelada –onde empezou a escribir poesía- e aquela paisaxe está no fondo da súa obra e das súas emocións de mocedade.

img_4218

A artista que interpreta plásticamente este poemario é Luz Darriba, amiga á que Helena se sente moi próxima nos afectos, nas ideas e na concepción estética. Luz Darriba desenvolveu un proxecto moi orixinal arredor dos textos, simbolizando o río co formato dun libro despregable no que a poesía flúe pola unha marxe, a dereita, e a ilustración en augada sobre negro vai acompañándoa pola esquerda. O conxunto conforma un libro artesanalmente singular, co papel dunha soa peza, pregado, que fai del un obxecto de arte integrada moi atractivo. A edición consta exclusivamente de cinconcentos exemplares numerados e forma parte do proxecto literario TIRAR DO FÍO.
Na presentación intervirán:

  • Helena Villar Janeiro, autora
  • Luz Darriba, ilustradora
  • Marica Campo, poeta e
  • Carmen Basadre, Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

Acompañaraas tamén a actuación musical de Chiruca e Gerardo Castedo.
Iste acto e polo tanto unha oportunidade para ou enrequecemento persoal, coñecer a obra de Helena Villar Janeiro, para compartir momentos de clarividencia literaria dunha mestra-escritora e poeta comprometida con Galicia e moy particularmente con Cancelada, onde déu clase na escola unitaria de Quintá entre 1962 a 1968, dá que ou asinante tivo a sorte de ser alumno.

Antonio Álvarez González, presidente ACN

Los comentarios están cerrados.