helena-224x300

Rianxo, marzo de 2014

 

Antonio Álvarez González

Presidente de Castiñeiro e Nogueira

Quintá de Cancelada

 

Benquerido Antonio: Como mestra de Quintá de Cancelada, onde tiven a sorte de contarte entre o alumnado, e como Membro de Honra dunha entidade que tivo a xenerosidade de me outorgar tal distinción,  éme moi grato felicitarte por todo o que esa Asociación, á que te sei totalmente entregado, fai por unha comarca que criamos sentenciada ao abandono no que está caendo o medio rural, quen mellor conservou os sinais de identidade da nosa cultura e da nosa paisaxe.

 

Recuperados os camiños que se aproximan ao río Donsal –ao que lle rescatastes o nome do esquecemento-, Cancelada é hoxe coñecida dentro e fóra das nosas fronteiras. Cónstame, porque o leo e porque mo din os visitantes cos que manteño contacto, que os sendeiristas repiten a visita nas catro  estacións, pois a terra diferénciaas aí como en poucos lugares e ese espectáculo telúrico non é doado de atopar.

 

Grazas á vexetación autóctona tan conservada e a que o pobo soubo custodiar os tesouros culturais herdados, o Donsal vertebra un dos espazos privilexiados que a Asociación soubo intervir antes da desfeita para poñelo ao servizo dos moitos usuarios que o disfrutan con gozo e admiración, valorando así esa terra e as súas xentes.

 

Recibe, pois, os máis entrañables parabéns co rogo de que llelos transmitas a todos os membros e á veciñanza que, con entusiasmo, respalda esta modélica recuperación.

 

Unha aperta,

Helena Villar Janeiro

Los comentarios están cerrados.