580170_605797702778208_956528642_n
O día 25 de maio o presidente da Asociación Castaño e Nogal de Galicia, Antonio Álvarez González, prenunciou unha conferencia-coloquio na Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá de Llobregat (Barcelona) sobre a recuperación de antigas vías romanas, medievais e camiños rurais como rutas de senderismo. A primeira parte da conferencia estivo dedicada a describir e mostrar un pequeno percorrido virtual por antigas vías romanas, medievais, camiños reais e rurais, para logo na segunda parte presentar o proxecto impulsado, vertebrado e executado pola asociación Castaño e Nogal, “sumando cooperación de voluntariado internacional, nacional, rexional e local, con paixón e loitando contra a infravaloración e menosprezo dun Patrimonio Natural e Cultural na cuenca dos ríos Donsal e Navia, na provincia de Lugo” segundo o conferenciante, para o que se organizaron tres campos de traballo internacional e o núcleo impulsor tivo que traballar intensa e duramente catro anos, un día si e outro tamén. Este proxecto é unha iniciativa cidadá, produto do compromiso social dos seus impulsores e cooperantes, un proxecto con valores, no que ademais do valor do exemplo e o seu exportabilidade a outros países, comarcas e parroquias, recibe visitas de senderistas de todas partes e virtualmente dos navegadores dos cinco continentes como se publicou recentemente no blog da asociación, e en diversos medios de comunicación, ademais de intelectuais, personalidades, autoridades e nenos de colexios. As Vías Romanas foron un dos principais medio de romanización. A través delas, se potenciaron as relacións humanas a medida que se cumprían os obxectivos militares, económicos e político-Administrativos, segundo Benito Sáez Taboada, autor dunha tese doutoral sobre o tema. O acto, ao que asistiu numeroso publico, rematou cun recital do cantautor galego, Alfredo González.
580332_605797846111527_1580913348_n

Los comentarios están cerrados.