§  Enlace á reportaxe: AQUÍ

 

A Coruña. 25 de febreiro. O pasado venres, nos telexornais do mediodía e da noite, a Televisión de Galicia emitiu unha reportaxe elaborada pola xornalista da delegación de Lugo, Noelia Casariego Pedreira, con imaxes de Jorge Vidal e do Arquivo de propia cadea do último campo de traballo internacional (agosto de 2012) que poden verse clicando no link que deixamos máis arriba.

 

Nesta crónica-reportaxe de algo máis de 1,43 minutos (nun Telexornal), ponse como Modelo de Xestión o utilizado por “Castiñeiro e Nogueira” para recuperar e construír a Ruta Quintá-Río Donsal, con novas imaxes e novos datos respecto de reportaxes anteriores.

 

A candidatura foi presentada o pasado 27 de setembro, admitida e informada favorablemente para optar ao premio de Sensibilización do Patrimonio Cultural Tanxible instituído pola Comunidade Europea en 2002, como parte da execución do Programa Cultura.

 

A nominación de «Castiñeiro e Nogueira«, conta co apoio de institucions, instelectuais, autoridades, personalidades, sendeiristas, voluntarios, cooperantes e familias da zona de Cancelada implicadas no proxecto, reseñadas e reproducidas algunhas delas neste mesmo blog.

 

Os Premios Unión Europea de Patrimonio Cultural / Europa Nostra convócanse anualmente co fin de recoñecer e fomentar as súas mellores prácticas na conservación do patrimonio cultural tanxible en toda Europa, estimular o intercambio de coñecementos e experiencias entre todos os países europeos, incrementar o coñecemento e o aprezo polo patrimonio cultural europeo, e fomentar iniciativas similares mediante o «Poder do Exemplo«, como consta na Convocatoria do Premio.

 

“A reportaxe de Noelia Casariego e a emisión do mesmo en horario de máxima audiencia da TVG, é un premio en si mesmo para “Castiñeiro e Nogueira” como asociación nomeada ao galardón «Europa Nostra 2013″, en palabras do propio presidente da entidade e os seus colaboradores.


Equipo de Redacción web e blog

Asociación Castiñeiro e Nogueira

 

Los comentarios están cerrados.