Estrea da curtametraxe “CALQUERA INFINITO POSIBLE”, co actor Celso Bugallo
Publicado por: acn en GeneralPresentación da curtametraxe «Calquera infinito posible», o día 28 venres, ás 7 da tarde, na sede da Fundación Barrié da Coruña. Curta realizada polo artista multimedia e cineasta Roi Fernández como tese do seu master en dirección cinematográfica na City College of New York.
Despois de recibir a película moi boas críticas nos EEUU (ven de gañar 4 premios – especial do xurado, mellor fotografía, mellor edición e especial National Board of Review – no festival Cityvisions NYC), preséntase por primeira vez en España «Calquera infinito posible», protagonizada polo recoñecido actor Celso Bugallo (Los lunes al sol, Mar adentro) y el actor puertorriqueño afincado en New York Modesto Lacén.
«Calquera infinito posible» conta a historia dunha partida de xadrez: a que xogan Aníbal, un vello mariñeiro galego; e Yotuel, un xove disidente cubano. No xogo irán deselvolvéndose unha historia común de soños truncados, unha historia que un tenta esquecer e outro se esforza en recordar: diferentes maneiras de sobrevivir ó pasado.
Máis información:
http://srpause.wix.com/anykindofinfinite
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/06/04/celso-bugallo-marinero-
nueva-york/654219.html