Este é un problema en alerta máxima, que necesita ser abordado seriamente polo Goberno Central, a Xunta de Galicia, os concellos, universidades de Galicia, o IGAPE e outras institucions afectadas, como ven reclamando Antonio Álvarez González, letrado mercantilista de EUROGABINETE, S.L.

Ver os datos e gráficos sobre Altas e Baixas de empresas, cuxo saldo negativo non necesita comentarios, que require reaccionar con medidas concretas e coordinadas, para minorar o número das empresas que desaparecen, o que é un tema moi serio.

Empresas dadas de Alta. Galicia, provincias.

tabla1

IGE. Directorio de empresas e unidades locais
Nas empresas con sede social «España» inclúense as empresas que realizan actividades en Galicia
e que teñen a súa sede social fóra de Galicia.

Empresas dadas de Baixa. Galicia, provincias.

tabla2

IGE. Directorio de empresas e unidades locais
Nas empresas con sede social «España» inclúense as empresas que realizan actividades en Galicia
e que teñen a súa sede social fora de Galicia.

grafica

O principal reto do goberno central tiña que ser salvar empresas e favorecer a articulación económica e financeira antes que a reducción do déficit público que os cargos dos partidos políticos impulsaron e crearon sin xustificación das Administracións Públicas, que ágora nos piden que paguemos todos.

Como di Antonio Álvarez, e imposible que ás empresas subsistan 3 a 5 anos sen crédito e sen actividade económica, perdendo todos vos días clientes porque cerran, entran en concurso ou non lles pagan mesmo ás Administracións Públicas ou as estrangulan as grandes compañías, ou mesmo que as familias e as persoas non poden estar de 3 a 5 anos sen comer para alcanzar o déficit que esixe Merkel, Bruselas ou o Banco Central Europeo más o FMI. A estes Organismos hai que ir con datos creíbles e razonados, serios e cumplibles, non so ir a pedir clemencia como están facendo on nosos gobernantes.

Este a un fracaso global da clase política, das Administracións, da gran banca, das institucións internacionais coma ou FMI, a Unión Europea, ou Goberno Central, a Xunta de Galicia, dos Órganismos Supervisores como o Banco de España, a mesma CNMV, dos analistas, da democracia de pancarta na que se convertíu a política española e a simple descualificación do contrario, mentras os problemas apodrecense e non se afrontan, derivando xa nalgúns suicidios por desesperación de persoas que non soportan a presión ni o recoñecemento dun gran fracaso público, todo elo por situarse os que gobernan fora da realidade económica, empresarial, financeira, tributaria e social.

Compre rematar esta información-comentario, pedindo dende este blog aos señores parlamentarios, ministros, presidente/s, conselleiros, concexales e demáis cargos públicos que ¡ comencen por recoñecer este grave problema! Implíquense nelo, digan a verdade aos cidadáns, aos contribuintes, e vertebren a cooperación de todos (de todos os estamentos económicos, sociais, administracións, universidades, da sociedade do coñecemento), elimínen a corrupción política e prediquen co seu propio exemplo renunciando os partidos ás subvencións públicas do Estado, financiándose cuns recursos dos afiliados e os créditos coma calquer outra asociación para comezar a ser creibles.

Elena Silveira Castro, economista e
asesora de pemes e empresas familiares

Los comentarios están cerrados.