Julio López Mouriño

Julio López Mouriño

A celebración, o próximo mes de Agosto, da III Edición do Worcamp de ACN, suscita dende o seu anuncio o interese dos medios de comunicación, e non só en Galicia, senón tamén noutras comunidades froito do éxito obtido nas pasadas edicións, como mostra un exemplo, o pasado sábado día 16 de Xuño, o arquitecto Julio López Mouriño, director do campo de traballo foi entrevistado por D. Xulio Coucil, condutor do Programa Sempre en Galiza, de Radio Cornella.

A entrevista, de máis de 20 minutos de duración, xira fundamentalmente en torno a todo o relativo á planificación dun evento deste tipo, número e orixe dos voluntarios, datas de celebración, obxectivos previstos, actividades complementarias, etc.

Pero ademais, durante o transcurso da conversa xurdiron outros asuntos, non estritamente relacionados co desenvolvemento ordinario do Campo, que poden ou deberían ao menos, ou iso entendo eu, abrir futuros debates en pro dun desenvolvemento sostible e a futuro do rural, sorprende por exemplo, a nula participación e o escaso interese mostrado pola xente nova de Becerreá, o noso futuro, por todas-las iniciativas de carácter ambiental levadas a cabo por ACN nestes últimos anos, ou cal debe ser o papel que deben asumir as administracións neste tipo de proxectos, que polas súas características deben ter un desenvolvemento sostido no tempo se querense acadar obxectivos satisfactorios.

A conversa péchase con parabés a nosa laboura, suliñando os entrevistadores a exportabilidade do modelo de Campo de Traballo ACN, mostra de que non o debemos de estar a facer tan mal.

Entrevista no enlace: http://semprengalicia.blogspot.com.es/2012/06/16-de-xuno-do-2012.html

radio-1-23-06

Los comentarios están cerrados.