A xestión e o desenvolvemento rural de Navarra, un exemplo a seguir en Galicia
Publicado por: acn en Denuncia, General– A renda per cápita de Navarra iguala á de Holanda. É xa a segunda de España, tras do País Vasco, e supera a de Madrid.
– Galicia medrou no ano 2011 por debaixo da media nacional
Nunha curta viaxe a Navarra e Logroño, puidemos constatar «in situ», sen dúbida ningunha, un envexable desenvolvemento económico sostido, planificado e executado con participación de todos os estamentos sociais e da cidadanía, integrado e respetuoso co medio ambiente, todo un exemplo a seguir en Galicia, do que deberan tomar boa nota a clase política, os empresarios, os sindicatos e outras organizacións sociais.
No transcurso da viaxe puidemos observar que nos levan moitos anos de adianto, que son realmente Europa, comprobando despois que os datos estatísticos confirman o apreciado a simple vista. Navarra está no posto 32 como rexión máis rica das 277 da Unión Europea, a escasos puntos e décimas das que a preceden. Os datos de Eurostat mostran tamén avances notorios da Comunidad Foral no ámbito dos 27 países membros da U.E., ao pasar dun PIB per capita de 130,8% a 132,2%.
Na nosa viaxe polas zonas rurais, vilas e capital da Comunidad Foral, foinos difícil encontrar superficie sen aproveitar. Toda está destinada a cultivos hortofrutícolas variados, destacando as viñas, moitas delas plantadas ou replantadas recentemente, ao que axuda a roturación, nivelación e regadío de fincas, a potenciación da masa forestal, a rehabilitación de monumentos e vellas construccións para ser destinados a turismo rural valorando a cociña de proximidade e, por suposto, a investigación e o desenvolvemento industrial consolidado, como non ten ningunha outra comunidade do Estado español.
Ademais, segundo Eurostat, Navarra atópase entre o 12% das rexións máis ricas. As tres rexións que lideran o ranking son as de Londres, Luxemburgo e Bruxelas. Navarra, con base na producción agraria, hortofrutícola, vitivinícola e outros productos e bens que transforman en medianas e potentes industrias, vende por todo o mundo. Ese é o segredo -e o resultado- do traballo ben feito, con implicación de toda a sociedade, desde a Universidade ao empresariado rural, pasando polos diversos profesionais, restauradores, empresas socialmente comprometidas co entorno, a clase política e os medios de comunicación. Todo un exemplo de bo facer, ser e estar no mundo e na terra.
A estatística de Eurostat mostra que a Comunidad Foral de Navarra avanzou 12 postos nos últimos tres informes publicados polo Instituto. Así, mentres en 2007 Navarra se situaba no posto 44 das rexións europeas, en 2008 pasou ao 38; en 2009, aa 34 e en 2010 colocouse no posto 32, superando retos e mellorando sempre, o que lle confire un peso en España e no ámbito da Unión Europea consolidado e con tendencia a mellorar, mérito sen dúbida de todos os navarros e a súa clase dirixente e empresarial.
Navarra alcanzou as cotas de desenvolvemento e benestar social que non teñen a media das Comunidades españolas, e Galicia en particular, porque hai plan, estratexia, prioridades e compromiso social vertebrados desde o Goberno Foral, recollidos en parte na Lei Foral 17/2003, de 17 de marzo, de desenvolvemento rural de Navarra, en cuxo artigo 5 se contempla un Plan Estratéxico Plurianual Rexional e Comarcal de Desenvolvemento Rural, como documento básico de planificación e execución das políticas coordinadas dos distintos órganos das Zonas Rurais, de actuación das Administracións Públicas navarras, que delimita as diferentes Zonas Rurais de Actuación, deseñando para cada unha programas específicos e coordinados de desenvolvemento a realizar nos prazos que se determinen, cousa que nunca se fixo en Galicia, nin antes nin despois da aprobación do Estatuto de Autonomía.
Galicia medrou por debaixo da media nacional en 2011
Galicia medrou un 0,3%, por debaixo da ratio estatal segundo a Contabilidad Regional de España que elabora o Instituto Nacional de Estadística (INE), ano no que a renda per capita se situou en 21.112 euros.
Aquí está en decadencia absoluta o que alí está nun auxe e/ou consolidación exemplar, equivalente a Francia ou Alemania. Son Europa!! Valoran os seus recursos naturais, aprovéitanos, agarímanos. Coidan e traballan de xeito integrado, organizado e mecanizado o seu campo para obter sinerxías e rendabilidade económica. Isto permitiulles alcanzar cotas de desenvolvemento e benestar que en Galicia non existen nin haberá a curto-medio prazo pese a ter, coma eles, un Estatuto de Autonomía desde 1981. Unha proba obxectiva é a desaparición de más de 1.338 núcleos rurais de noso nos últimos 60 anos.
Recursos desaproveitados e falta dunha estratexia como Rexión
Aquí tenemos territorio, recursos, entornos naturais e paisaxísticos, incluso mellores comparativamente nalgunhas zonas, pero están a monte, ignorados, desaproveitados e infrautilizados, feito que non ocorre en todo o ámbito xeográfico da Comunidad Foral. En contraposición a Navarra, aquí non tenemos ningún Plan de Desenvolvemento Rural Integrado nin masa forestal onde podía estar a <riqueza>, por exemplo. Si temos, pola contra, maquinaria agrícola custosísima en todas as casas que é a ruína do 90% das explotacións agrarias galegas, que só se utiliza, en moitos casos, menos de 5 a 15 días por ano. En Navarra teñen empresas pensadas, dotadas, organizadas e consolidadas para traballar o campo, e transformar o que produce todo o ano e exportalo.
En Navarra, a diferencia de Galicia, hai empresas que fan os traballos agrícolas de forma mecanizada para rentabilizar as inversións, que realizan traballos de roturación, arado, sementeira, recollida, mantenemento e conservación no rural. Con elas crean paisaxes que parecen campos de futbol ben coidados e viñas, plantadas con tiralíneas, que aran e sulfatan as máquinas.
Ademáis, en Navarra hai industrias coas que cerran o ciclo de producción e de transformación dos produtos autóctonos, cousas das que Galicia carece por falta de plan, de estratexia global de Comunidade, de orientación, de referentes, de formación e de información. Pero temos o «Gaiás», calificado pola revista <Time> como «un elefante branco colosal» e «un dispendio» do poder e gobierno autonómico de Galicia.
¡Que triste! ¿Ata cando?
Webs de interés asociadas:
http://www.cfnavarra.es/estadistica/
http://www.navarractual.com/?gclid=CN7ivI7vkLACFU4lfAod7VCUqA
Antonio Álvarez González, presidente e letrado asesor
Asociación Castaño y Nogal