MOSTRA DE POSTA EN VALOR DA NATUREZA, PAISAXE, RIQUEZA ETNOGRÁFICA, LABOR DE SENSIBILIZACIÓN E CONSERVACIÓN DA ZONA DE CANCELADA – CONCA DO RÍO DONSAL.
A Asociación Castiñeiro e Nogueira impulsou, organizou e executou en colaboración coa ONG Servicio Civil Internacional e a colaboración de dous dos cinco tramos do Concello de Becerreá e Distrito VII de Montes o proxecto Sendeiro de Quintá-Río Donsal, de 15,9 km. de lonxitude, con inicio na aldea de O Couso (CP 708) e finalización na de Cabana de Cervantes (LU 722) – Rede Natura 2000-, por termos municipais dos Concellos de Becerreá, Navia de Suarna e Cervantes, atravesando o Río Navia.
http://www.asociacioncastanoynogal.com/sendero.html
O proxecto presentado consistiu na rehabilitación e construcción dunha RUTA, con tramos dun antigo Camiño Real de Castilla a Galicia, para a práctica do sendeirismo polas marxes do Río Donsal, afluínte do Navia.
A súa cabeceira está a uns 14,5 km. da A-6 e estrada N-VI, con saídas en Baralla (461) e O Cereixal (456), para entrar finalmente na pista que vai a Louxas (CP 0708).
A orografía pola que transcorre a Ruta conrrespóndese con antigos camiños de carro romano e de sendeiros abandonados, con soutos, montes e prados, con gran riqueza etnográfica no seu itinerario, antes inaccesibles e oculta pola maleza de gran altura, sendo de salientar, como exemplo, a existencia de antigos muíños de auga, minicentrais eléctricas, un batán, castros, minas, ouriceiras, construccións enxebres, paredes de pedra, ermidas e restos dalgunha palloza.
É de salientar, así mesmo, na contorna da Ruta a vexetación autóctona e silvestre -como uces, carqueixas, toxos, xestas e outros elementos da nosa flora-, numerosas fontes e un tramo de desfiladeiro entre «A Moa» e a «Fraga de Valiñas», en Quintá-Castel de María, ampliable a «Souto», en cuxas inmediacións se pode oír o que un veciño deu en chamar a «sinfornía da agua» das pequenas fervenzas nunha contorna de silencio absoluto. Todo isto configura unha orografía, natureza e paisaxe incomparables para o sendeirismo que é preciso protexer e conservar, sen esquecermos de protexela dos perigosos incendios forestais.
Esta Ruta ten outra característica de gran valor: o feito de que más do 65% da mesma transcorre por tramos de sombra de árbores nobres e especies autóctonas antes citadas, que quizais sexa a única do mundo con esta ventaxe.
Implicación dunha ONG Internacional e de contribuintes galegos
A Asociación impulsora do proxecto non recibiu, ata este momento, nin un só euro de axuda pública para o proxecto nin para a realización de actividades de ningunha Administración Pública, pese a telas solicitado a todas as Administracións: Estatal, Autonómica, Provincial e Local, así como a organismos públicos delas dependentes.
Polo contrario, para a execución do proxecto, Castaño y Nogal contou coa colaboración da ONG con sede en Xenebra e da Delegación en Madrid de SCI, que seleccionou para os campos de traballo internacional de agosto de 2010 e 2011 a 23 voluntarios de 16 países e 3 continentes. A sinalización foi realizada integramente por membros da Asociación e voluntarios de SCI:
http://www.asociacioncastanoynogal.com/voluntarios_cooperantes.html.
Ante a falta de apoio das Administracións Públicas ao proxecto, a Asociación solicitou a colaboración de máis de 300 empresas e establecementos nacionais, rexionais e locais, obtendo finalmente a de firmas comerciais como: Coca-Cola, Gadisa, Caixa Galicia, La Caixa, Tai Coruña S.A., Comercial Agrícola Emilio, S.L., Eurogabinete, S.l., Transportes Cotelo S.L., Autocares Pombo, Panadería Calderón (Baralla), Almacenes González Madarro S.L., Restaurante O Burato de Malpica, Casa de Turismo Rural A RAXOA, Casa POY (Becerreá), algunhas familias das aldeas de Quintá de Cancelada, A Cortella e Buisán, polas que transcorre o sendeiro, entre outras, ademais da organización internacional SCI antes mencionada. (Ver detalle das firmas no siguiente enlace: COLABORADORES
Equipo de Redacción página web y blog
Asociación Castiñeiro e Nogueira