Repulsa da Asociación Castiñeiro e Nogueira polo incendio na Serra da Lobeira e entorno das Fragas do Eume
Publicado por: acn en atentadoA Asociación Castiñeiro e Nogueira, para o impulso do densenvolvemento rural e medio ambiental, sin fin de lucro, con sede en Quintá de Cancelada no municipio de Becerreá, formula o seu más absoluto rechazo, dor, mágoa, e indignación polo incendio sopostamente provocado o sábado 31 de marzo, sobre as 15 horas, na Serra da Lobeira, con focos e cordón de lume nas proximidades das aldeas de Coto, Teixido, Ribeira, Vilariño e outras próximas a elas no Concello de A Capela e As Pontes, da provincia da Coruña, que chegou a superar un cordón de 5 Km. de lume, no entorno e parte superior do parque natural das «Fragas do Eume», o mellor bosque atlántico do continente europeo.
Este parque natural foi creado o 30 de xullo de 1997. Ten unha superficie de 9.126 hectáreas e foi declarado como Lugar de Importancia Comunitaria.
O alcance do incendio de onte e hoxe domingo provocou perdas incalculables e riscos moi grandes para o bosque, a flora, especies raras de felgos e de animais endémicas en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, a diversas aves de rapina.
Na actualidade residen no ámbito do parque 521 persoas dos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes, todos eles da provincia da Coruña.
Asimesmo, a Asociación Castiñeiro e Nogueira chama a atención das autoridades competentes sobre a necesidade de maior coordinación das diferentes administracions, de facer campañas de concienciación contra o lume, dun plan estratéxico que incida no labor de prevención durante todo o ano, o que esixe modificar e actualizar as tarefas das brigadas de montes e dos concellos, para mellorar a efectividade e resultados dos recursos destinados a este fin e reducir ao mínimo o número de incendios.
Finalmente, a Asociación Castiñeiro e Nogueira chama igualmente a atención sobre o risco engadido que supón a desaparición dos núcleos rurais habitados e a falta de pastoreo, que esta tamén na orixe de moitos dos incendios que se producen ao longo do ano en Galicia, como xa ten manifestado a nosa asociación.
Quintá de Cancelada, 1 de abril de 2012
O Presidente e Letrado Asesor
Fdo. Antonio Álvarez González