A Asemblea Xeral de socios de Castaño y Nogal acordou nomear MEMBROS DE HONRA da asociación ás personalidades e cooperantes seguintes:

1 Manuel Espiña Gamallo -a título póstumo- escritor, rofesor e coengo da Colexiata de A Coruña, co-impulsor de Castaño y Nogal e proxecto de Ruta Sendeiro de Quintá-Río Donsal.
2 Isaac Díaz Pardo, intelectual galeguista, pintor, ceramista, deseñador, editor e empresario gallego, fundador de Cerámicas do Castro e do Museo Carlos Maside, impulsor da recuperación do Grupo Sargadelos -do que foi director-, articulista e persoa moi comprometida con Galicia e o seu rural.
3 Manuel Martínez Núñez, alcalde do Concello de Becerreá, profesor de instituto, baixo cuxo mandado se lle cedeu a CyN a actual sede e se aprobou o proxecto de Ruta Sendeiro de Quintá-Río Donsal, personificando nel a representación do Concello de Becerreá.
4 Ángel Camino Copa, ex – alcalde de O Incio e conselleiro de Caixa Galicia, persoa comprometida co rural e colaborador a prol das actividades e proxectos de Castaño y Nogal.
5 Andrés Fernández-Albalat y Lois, doutor arquitecto, intelectual, ponente-conferenciante no Acto de presentación do proxecto de Ruta Sendeiro de Quintá-Río Donsal na Aula de Cultura de Becerreá o 17 de abril de 2010.
6 Julio López Mouriño, arquitecto, membro de COAG, co-autor do proxecto Ruta Sendeiro de Quintá-Río Donsal, director da primeira e segunda edición dos campos de traballo internacional de 2010 e 2011.
11 Servicio Civil Internacional (SCI). Organización de voluntariado internacional pola paz dende 1920, en diferents campos, con sede en Xenebra e delegación en Madrid, cooperante de Castaño y Nogal que seleccionou os 23 voluntarios participantes nos campos de traballo organizados por CyN en 2010 e 2011. procedentes de 16 países e 3 continentes.
7 Alfonso García López, notario, escritor, articulista, conferenciante e cooperante Castaño y Nogal.
8 Lucía Pérez Vizcaíno, cantante, representante de España no Festival de Eurovisión 2011, cooperante e participante en actividades de Castaño y Nogal.
9 Alfredo González Vilela, cantautor galego-catalán, autor da letra, música e intérprete do himno de Castaño y Nogal. colaborador da Asociación.
10 Helena Villar Janeiro, ex – mestra de Quintá no período 1962 -1968, escritora comprometida e cooperante canceladesa de Castaño y Nogal. Actualmente preside a Fundación Rosalía Castro e é membro do Plenario do Consello da Cultura Galega

 

O Órgano de Goberno da Asociación está a tratar de pechar o programa e participantes no acto solemne de entrega de Diplomas ás dez personalidades que aceptaron a distinción e recoñecemento de Castiñeiro e Nogueira, que terá lugar no salón de actos da ONCE – Delegación da Coruña, cale Cantón Grande, fronte ao Obelisco, un dos tres últimos venres do próximo mes de abril.


A este acto serán invitadas autoridades, personalidades, representantes de clubs de sendeirismo e montañismo, asociados, patrocinadores, voluntarios, cooperantes, empresas colaboradoras nos campos de traballo internacional de 2010 e 2011 e institucións, sen prexuízo de que poidan asistir todas aquelas persoas comprometidas co rural, o medio, o voluntariado e a conservación do patrimonio etnográfico.

Equipo Redacción
Páxina web e blog de ACN

 

 

Los comentarios están cerrados.