A Asociación Castaño y Nogal nomea novos Membros de Honra
Publicado por: acn en General, nomeamentoQuintá.- A Asemblea Xeral de socios de Castaño y Nogal acordu na súa última reunión nomear MEMBROS DE HONRA da asociación ás personalidades e cooperantes seguintes:
- Helena Villar Janeiro, ex – mestra de Quintá no período 1962 -1968, escritora e cooperante canceladesa de Castaño y Nogal, conferenciante, que destaca pola súa implicación co mundo rural. Escritora comprometida, dedicouse á docencia e actualmente preside a Fundación Rosalía Castro e é membro do Plenario do Consello da Cultura Galega.
..
…..
- Andrés Fernández-Albalat y Lois, doutor arquitecto, intelectual, ponente-conferenciante no Acto de presentación do proxecto de Ruta Sendeiro de Quintá-Río Donsal na Aula de Cultura de Becerreá o 17 de abril de 2010, polo seu apoio determinante para a credibilidade do proxecto ao descubrir riquezas ocultas e poñer en valor o territorio, natureza, paisaxe e arquitectura típica de Cancelada e conca do río Donsal, pola visita ao primeiro campo de traballo internacional en agosto de 2010 e polo seu apoio persoal e profesional.
..
- Alfonso García López, notario, escritor, articulista, conferenciante, visitante asiduo de Cancelada e da Fraga de Valiñas, cooperante en diversos aspectos dos campos de traballo internacional das edicións de 2010 e 2011, sendo o primeiro que ensalzou cun comentario en radio e prensa os aspectos vertebradores do proxecto do sendeiro en novembro de 2009, publicado no diario La Opinión de A Coruña, titulado “La Galicia de la Supervivencia”, con apoio continuado en todo os ámbitos.
.
.
- Julio López Mouriño, arquitecto, membro de COAG, co-autor do proxecto Ruta Sendeiro de Quintá-Río Donsal, xestor e negociador ante as diferentes Administracións e Organismos Públicos, director da primeira e segunda edición dos campos de traballo internacional de 2010 e 2011, eficiente colaborador da Asociación e da Comisión Organizadora de ambos, do que se destaca a súa entrega e tenacidade.
.
.
- Alfredo González Vilela, cantautor galego-catalán, primeiro no seu xénero, que ofreceu un Concerto Músico-Poético o 27 de agosto de 2011 en Quintá de Cancelada, coa colaboración doutros cantautores con gran presencia de público, mostrando un empeño determinante e continuado en dar a coñecer en Cataluña o labor de recuperación medio ambiental, riquezas paisaxísticas e posta en valor do rural que ven facendo Castaño y Nogal.
.
.
Así mesmo, na xuntanza de dito Órgano, acordouse ratificar o nomeamento doutros Membros de Honra da Asociación, como a cantante Lucía Pérez Vizcaíno, do escritor, profesor e coengo da Colexiata de A Coruña, don Manuel Espiña Gamallo, a título póstumo, e ao ex – alcalde de O Incio, Don Ángel Camino Copa, polas súas traxectorias exemplares, compromiso co rural e colaboración dispensada a prol das actividades de Castaño y Nogal, colaboración e apoio ao proxecto estrela, o Sendeiro de Quintá-Río Donsal e aos campos de traballo internacional organizados ao efecto e á dignificación da vida rural.
Na mesma sesión ratificouse tamén o nomeamento do alcalde do Concello de Becerreá, no que ten a súa sede a Asociación, Manuel Martínez Núñez, tras a cesión, a finais de agosto de 2009, do uso á mesma –que fora longamente demandada con outras peticiones- da antiga Escola Unitaria de Quintá, personificando nel a representación do Concello de Becerreá.
O sendeiro antes citado estase convertendo nun elemento vertebrador de dinamización rural da zona abandonada de Cancelada, con incidencia xa na rehabilitación dalgunhas construccións típicas, así como no ámbito cultural, ao mesmo tempo que é un estimulante da cociña de proximidade conseguíndose xa a venda dalgúns excedentes típicos aos sendeiristas que os demandan, feitos e razóns que son motivo para a esperanza en Cancelada e os dirixentes de Castaño y Nogal, para que non despareza o que queda dos nosos antergos, para honrar a súa memoria e para herdanza e desfrute das xeracións vindeiras.
A nosa felicitación e recoñecemento aos distinguidos polo seu exemplo e compromiso social, que é referente de valores nobres, como o altruísmo, o voluntariado e a honestidade nunha época na que a simplificación é o noso pan de cada día igual que a falta de implicación na conservación do patrimonio natural, histórico e cultural de Galicia.
Equipo de redacción web e blog
Asociación Castaño y Nogal