• A escritora falará sobre educación, voluntariado e riquezas de  Cancelada: unha oportunidade histórica.
  • Á Asemblea asistirán voluntarios que recuperaron a ruta de sendeirismo Quintá-Río Donsal

Quintá.25.10.2011. O próximo sábado 29 de outubro, ás 19.00 horas, na sede da Asociación Castaño y Nogal, a escritora Helena Villar Janeiro ofrecerá unha conferencia co título `Educación, voluntariado e riquezas de  Cancelada: unha oportunidade histórica`, acto que contará coa intervención da voluntaria Laura Poncela e do vicepresidente da asociación.helena

A escritora e cooperante cancelandesa de Castaño y Nogal destaca pola súa implicación co mundo rural. Escritora comprometida, dedicouse á docencia en Quintá entre os anos 1962 e 1968, e actualmente preside a Fundación Rosalía Castro e é membro do Plenario do Consello da Cultura Galega.

As conferencias e charlas-coloquio en Quintá de Cancelada son una demostración máis de Castaño y Nogal por levar a cultura á poboación do rural, espazo no que nunca se fixera nada ao respecto ata que, co proxecto de sendeirismo, impulsamos paralelamente a cultura cara aos asociados, cooperantes, veciñanza, visitantes e invitados.
http://gl.wikipedia.org/wiki/Helena_Villar_Janeiro

Helena Villar tratará de asociar recordos, exemplos, reflexións e análise así como críticas e opinións que fagan espertar, ver e diferenciar  a importancia da educación na vida das persoas, a convivencia en sociedade, a cooperación, a responsabilidade en cada unha das etapas da vida, a necesidade de ter que elexir e priorizar, e de se comprometer con un mesmo polo ben comunitario.

A conferencia prodúcese nun contexto de envellecemento da poboación e de desaparición dos núcleos rurais da Galicia interior, de crise económica mundial, española e galega, pero tamén de valores educativos e sociais, tras o abandono de décadas de todas as administracións públicas, de desinfle dunha burbulla inmobiliaria e inxeñería financeira que nos pon os pés no chan. A  falta de oportunidades para a xente maior e nova nas cidades lévannos a volver a mirar nas solución do mundo rural, abandonado, infravalorado e menosprezado por todos.

A comisión organizadora do Campo de Traballo Internacional da Asociación Castaño y Nogal contóu xa coa participación de 23 voluntarios de 16 países e tres continentes, ademais de cooperantes nacionais que lograron o que non fixeron nin as administracións nin a vecindade. “Todo un exemplo de integración e convivencia, de valores e compromisos prácticos con Cancelada, acontecido en Quintá, onde houbo emigración e agora recibe voluntarios moi cualificados que veñen a traballar altruistamente por conservar e rehabilitar camiños, sendeiros, soutos, fontes, pontigos, fervenzas, minas e construccións propias, en definitiva, dar vida a unha zona que ten posibilidades”, di Helena Villar Janeiro.

Como resultado desta segunda edición, continuose cos traballos de rehabilitación da xa popular ruta de sendeirismo que transcorre por aldeas da conca do río Donsal, afluínte do Navia que tiene o seu su inicio no Couso (CP 0708) e acaba en Cabana de Cervantes (LU 722), deixando ao seu paso a Quintá de Cancelada, Sevane, prados e muíños da Cortella e Buisán do concello de Becerreá e que conta agora cunha variante pola antiga aldea da Arroxiña, do concello de Navia de Suarna, é dicir, ten o seu itinerario por tres concellos contiguos á Rede Natura 2000.

A rehabilitación desta Ruta e dun treito de antigo Camino Real de Castilla a Galicia, promovida por Castaño y Nogal, puxo ao descuberto, e de forma accesible, riquezas etnográficas antes ocultas: fervenzas, soutos con castiñeiros milenarios e centenarios, ouriceiras, muíños de auga, minicentrais eléctricas, batáns, castros, construccións rurais, vexetación autóctona (uces, carqueixa, xestas, toxo e outras especies) que configuran unha paisaxe e unha natureza incomparable para os sendeiristas, que é –agora- un dos engados e atractivos da mesma.

Más información en:
http://www.asociacioncastanoynogal.com/sendero.html
http://www.asociacioncastanoynogal.com/fotos_sendero.html
http://www.asociacioncastanoynogal.com/blog/
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1279394
http://www.asociacioncastanoynogal.com/blog/?p=894

Los comentarios están cerrados.