Hemeroteca de la sección “belleza”

Na ruta de Quintá-Río Donsal renace a primavera. O anuncio bíxano ao chan as prímulas e as violas. Nas ladeiras dos montes os heraldos da primavera son as cerdeiras, cultivadas nas hortas e silvestres nas fragas, moi abondosas na zona. O seu branco contrasta co verduxo dos mofos e os liques que envolven as ponlas dos vellos carballos e tamén co xa escaso marrón das follas resecas que non levou o inverno pola falta de chuvia. Quen percorra o sendeiro nos principios de abril verá como as cerdeiras florean como ramos de noiva cando as caducifolias permanecen espidas, mais xa por pouco tempo.

 

donsal

Comentarios Comentarios desactivados en Renace a primavera na ruta do Donsal